Últimos días para solicitar as becas do plan O teu talento ten premio en Lugo. É A programación coa que a Deputación custea a matrícula íntegra no Campus de Lugo aos mellores expedientes de BAC, FP e Grao. As solicitudes poden facer ata o xoves.
Son 111 as bolsas que se ofrecen, pois resolvéronse 24 das 135 que hai en total. A documentación a presentar é a seguinte: o impreso oficial de solicitude, que está no BOP do 30 de maio; e a documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais.
Pode presentarse persoalmente no rexistro da Deputación, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres, e de 10 a 14 horas os sábados; ou ben mediante envío por mensaxería; así como nos doutras dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.
Máis información nos teléfonos: 881 812000, 881 811 000 e 982 820 532.