20 de Abril de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Castelo do Monte da Arca, novo castro inventariado no municipio de Mondoñedo

10-12-15

monte-darcaA Mariña, 10 de decembro de 2015.- O Servizo de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura vén de incluír no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural un novo sitio arqueolóxico coa denominación Castelo de Monte da Arca e coa clave de identificación: GA27030036.

O castro do Monte da Arca de Argomoso, aínda que non figuraba no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos, xa o historiador José Villamil Y Castro no seu libro Los castros y mámoas de Galicia (1876) fai referencia a el describíndoo do seguinte xeito:

“En el llamado Monte d´arca, que domina á la cíudad de Mondoñedo, existe la que dicen Modorra de los Moros. Está situada en la Croa del monte y compuesta de un área de 300 metros de circulo, defendida por triple parapeto, fabricado de gruesa pared, y de un profundo foso, muy perceptible desde muchos sitios de la ciudad de Mondoñedo, que la rodea por un tercio de su circuito, único por donde necesita semejante defensa, pues por los otros dos, la ladera, al NO, del monte, se presenta tan asperísima (y en parajes completamente vertical), que sólo es visitada por los corpulentos buitres que anidan en las anfractuosidades de la rocas que la componen”.

Con esta inclusión, o castro do Monte da Arca de Argomoso súmase oficialmente ao rico e abondoso patrimonio arqueolóxico que atesoura o concello de Mondoñedo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive