01 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

6ª xornada da LNB NorLeste: Jorge Galdo (“Jonny risitas”) alégralle a tarde o Ekipa-Bítere

13-01-16

DSC0985812 de xaneiro de 2016.- Tiña que chegar e vaia si o fixo, auga a caldeiros, ríos a rebordar e campos asulagados que forzaron a mudar o campo de fútebol vello de Castro de Riberas de Lea, polo pavillón deportivo de Castro de Rei como escenario da sexta xornada da liga regular de Billarda na conferencia NorLeste.

Serpenteando e buscando atallos, os carros cheos de palanadores foron chegando a destino, mais non todos. Seica algún tivo que ficar na casa completamente aillado, agardando que as augas baixasen de nivel, mais a fame de billarda dos palanadores da Conferencia NorLeste fixo que a concurrencia fose abundante, mesmo ca achega de algún valente da irmá conferencia do NorOeste.

Dando un pouco de tempo para que ninguén quedase fora do bombo, deu comezo o sorteo e de seguido o voo das billardas encheo po completo e tomou posesión por primeira vez do pavillón de Castro de Rei.

Ata agora viñemos xogando fora, en prado, e o cambeo para pista cuberta de cemento, trouxo aparexado unha morea de resultados sorprendentes ou canto menos inagardados, de xeito que moitos dos favoritos, víronse sorprendidos e deixaron ó final da xornada o seu casilleiro mais valeiro de puntos que de costume. Markytos, Xermán, Kiko, Iván e Regueiro foron as vítimas, sendo esta para eles, a peor xornada no que vai de campeonato. Pola contra, Paula, Lola Eiras, Manolo, Carlos Alvariño, Oscar e nomeadamente Jorge (que finalmente gañou a aberto), deron a nota positiva co seu acerto.

Sen prisa pero sin pausa foi correndo a tarde billardeira entre risas, alguna cerveciña que outra e por fin os tan agardados primeiros varados da tempada. Non era sin tempo que os especialista se deixaran ver, e hoxe era o día. Con todo non se poden botar foguetes, so sete, pero todos eles de tan bela feitura que desataron as gorxas en atronadores vítores e fixeron que as palmas fumegasen en prolongados aplausos. Isto é billarda: Paixón! Amizade! Sana competencia e Deporte!

O pavillón de Castro de Rei foi muda testemuña da consolidación e subida ao estrelato dun novo valor: Jorge Galdo acadou a mellor puntuación e gañou o aberto.

O xogador de Ekipa-Bítere, sin estarabouzo ningún, viñase posicionando xornada a xornada con unha aportación in crescendo para o seu equipo e foi desta volta quen rubricou unha xornada perfecta facendo grande a un equipo que semellaba estancado e sen visos de rexurdir.

Para o segundo posto, catro empatados que logo das tres carreiras de rigor deixaron a Daniel como segundo e a Pepe Vidal como terceiro e mellor xogador local.

En donas, foi Geni a primeira seguida de Paula e de Lola Eiras.

En canto a equipos, “Billardeiros Musicais” gañaron por un so punto ós locais “O Cadaval”.

Os premios das afamadas galiñas de Mos, foron entregadas os gañadores por o alcalde de Castro de Rei D. Francisco Balado acompañado en todo momento por Mario do equipo anfitrión.

As clasificacións logo desta sexta xornada quedan asi:

Individual: Regueiro 117 p., Pepe Outeiro 111 p., Pepe Vidal 109 p., Manolo Pozo 108 p., Coedo 105 p.
Donas: Geni 79 p., Lola Eiras 42 p. e Bea 37 p.
Equipos: Billardeiros Musicais 458 p., O Cadaval 382 p., Troitas Bravas 340 p.

A vindeira xornada viaxamos a Meira o domingo 31 de xaneiro. Agardamos por todos

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive