20 de Agosto de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organización do Campus Alex Llorca

12-01-16

Lugo, 11 de xaneiro de 2016. O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, xunto co xefe provincial de deportes da Xunta, Manuel Otero e o propio xogador que dá nome o evento, Alex Llorca presentaron este luns no Salón de Actos da Deputación Provincial o Campus Alex Llorca, que se celebrará no Pazo Provincial dos Deportes do 11 ao 17 de xullo.

O Campus estará impartido polo ex-xogador do C.B. Breogán Alex Llorca e contará con Mateo Rubio como director técnico. Os obxectivos que persegue a celebración de este evento son, entre outros, aprender e non só a baloncesto senón tamén a socializarse tanto con compañeiros coma con adestradores, mellorar as capacidades técnicas e psicolóxicas dos xogadores e deseñar un autoadestramento guiado para poder seguir traballando fora do campus. Para alcanzar os fins do campus, durante a celebración do mesmo, os participantes farán adestramentos dirixidos por adestradores superiores e celebrarán competicións e xogos relacionados co baloncesto, así mesmo, contarán con servizo de fisioterapia e o seguimento individualizado en vídeo.

A inscrición pódese facer até o 6 de xullo, en rexímenes externo (de só comida), semiexterno (comida e cea) ou interno ( con aloxamento compreto), para o segundo e sucesivos irmáns disporán dun desconto do 10% do custo da inscrición.

llorcaDurante a presentación, Alex Llorca fixo entrega de becas a deportistas da provincia co fin de incentivar a participación dos mesmos na actividade. Os descontos a que dá lugar a beca poden chegar até o 50% do prezo de inscrición.

Veiga resaltou a importancia de “que en Lugo se celebre un evento deportivo con un nivel tan profesional de formadores, pero que o mesmo tempo son quen de ver e transmitir os valores que o deporte de base achega aos seus participantes”. O Deputado-Delegado da Área de Deporte concluíu, “a Deputación de Lugo continuará tamén no 2016 a investir e apoiar os eventos e actividades celebrados na provincia adicados a promocionar o deporte de base e os beneficios e valores que mais alá da saúde son quen de trasladar para quen os practica”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive