23 de Abril de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Festa dos Chícaros

11-01-16

suso-fernadezEste fin de semana celebra Foz nova edición da que é tradicional festa dos chícaros á que dende o Concello se aplica o nome exótico de “berberecho”. Ocurre, que nós saibamos, que só na vila focega recibe aquel nome; en cantas indagacións levamos feito non atopamos outro lugar onde se chame igoal, aínda que por Galicia adiante son varios os apelativos que se lles aplican: berbericho, croque, cuncho, crica, caralleta, berberechiña, carneiro… e, unha vez mais, nos preguntamos por qué só os de Foz nos voltamos depredadores do que forma parte da nosa tradición e da cultura popular querendo borrar do mapa da linguaxe entrañable do pobo unha expresión que nalgunha medida nos distingue e singulariza…?

Foi o ano 1984 cando en Foz se celebrou por primeira vez a festa, organizada pola A.C.I. A.; evidentemente dende o respeto a canto de cultural e costumista ten o feito, eminentemente popular. O cronista non pode por menos que alzar a voz ante unha actuación á que non lle descubre a razón de ser e significa unha agresión -unha mais- á historia do noso pobo, humilde pero merecente de respeto e consideración, máximo daqueles que teñen a obriga, voluntariamente contraída, de velar polos intereses colectivo, materiais e inmateriais, da cidadanía. Foron precisamente éstes os que a iniciaron hai algúns anos e ninguén a rectifica. As cousas ben feitas deben prevalecer…

Defínese o chícaro como molusco bivalvo de uns catro centímetros de longo e cunchas estriadas case circulares. Críase nas costas do norte penínsular e cómese crú ou guisado.

O prestixoso xornalista e gastrónomo Jorge Víctor Sueiro, que tantas veces os degustara nas nosas tabernas, no libro “Manual del Marisco”, di: “Existe la creencia muy extendida de que estos mariscos favorecen la vena amatoria del que los consume. Ponen en situación; ayudan a ese punto de enervamiento que precede al placer de la pareja humana… Pero es que este cachondeíllo lo lleva incorporado a alguno de sus nombres gallegos, ya que “crica”, ”berberichiña” o ”caralleta” son sustantivos que afectan a zonas erógenas de la mujer”.

“Lo que sí es cierto – di Sueiro,- es que crudos están riquísimos, ya que su sabor es a la vez sustancioso y muy marinero. En empanada, si puede ser de maíz, mejor, y con arroz también están de chuparse los dedos….”

Esta edición do chícaro contará con pregoeiro avezado e carismático home do mar: Moncho de Chila, fondo coñecedor do mundo mariñeiro que enmarcou desde as orixes a súa existencia e hoxe, xubilado, segue a ser motivo dos seus anceios. O poeta francés Baudelaire dixera que “o home libre sempre amará o mar”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive