22 de Xaneiro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Subdelegación de Lugo acorda limitar a concentración de tractores para garantir dous carrís de circulación

12-01-16

Lugo, 12 de xaneiro de 2016.- A Subdelegación do Goberno en Lugo vén de dictar unha resolución pola que se limita a concentración de tractores que a asociación Agromuralla mantén dende o pasado 10 de decembro na Ronda da Muralla, de tal xeito que, segundo se establece, “se coloquen un tras doutro formando unha única ringleira na contorna interna da Ronda, garantindo en todo momento libres dous carrís para a circulación de vehículos” así como que queden despexados os acceso de entrada e saída ao recinto amurallado.

A decisión adoptouse esta mañá tendo en conta os escritos que nos últimos días presentaron neste organismo a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), a Federación de Comercio e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería (APEHL) nos que poñían de manifesto os problemas circulatorios e os prexuízos, tanto á cidadanía como aos comercios, que está a ocasionar a citada concentración de tractores, ao estar a mesma prolongándose no tempo; e á vista tamén dos novos informes solicitados no día de onte ao Concello de Lugo, a Policía Nacional e a Abogacía do Estado. A resolución respeta ademais o dereito de reunión, un dereito fundamental regulado na Lei Orgánica 9/1983 de 15 de xullo, así como mantén a repercusión social que conleva o lugar elexido por Agromuralla para a concentración garantindo a publicidade, que constitúe un dos elementos esenciais do contido do dereito de reunión.

Dende o inicio da concentración de tractores na Ronda da Muralla non se produciu ningún feito denunciable en materia de seguridade cidadá, como tampouco se rexistraron problemas por parte do servizos de emerxencias nin doutros servizos públicos. Se ben, e segundo constatan os informes remitidos a esta Subdelegación, sí se están a producir dificultades vencelladas ao tráfico rodado, especialmente nas franxas horarias de maior intensidade, pondo de manifesto que o plan deseñado polo Concello con carácter previo ao inicio da concentración non resulta suficiente para evitar as perturbacións circulatorias, que están a provocar unha certa crispación social, sen que se teña ademais prevista unha data para o remate da concentración.

Así pois, ponderando a información recibida e ante a ausencia de denuncias en materia de seguridade cidadá respecto aos concentrados, a Subdelegación do Goberno tomou esta mañá unha decisión, co ánimo de reducir as molestias e prexuízos que veñen sufrindo os cidadáns, tanto os usuarios de vehículos privados como de servizo público, e os titulares de locais profesionais e de negocios do centro amurallado.

Limítase pois a concentración dos tractores a unha única ringleira na contorna interna da Ronda da Muralla e garantindo que en todo momento queden dous carrís libres para a circulación, un aspecto polo que deberá velar o Concello, como organismo competente en materia de tráfico. Aqueles tractores que non poidan concentrarse en dito perímetro, cos condicionantes expostos, poderán seguir os trámites habituais para solicitar unha nova ubicación, que será sometida aos informes preceptivos.

A medida será efectiva dende o vindeiro venres día 15 salvo que contra a mesma se interpoña recurso.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive