27 de Febreiro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Acisa Ribadeo valora de xeito moi positivo a repercusión que tivo a pista de xeo tanto no comercio coma na hostalaría da vila

11-01-16

Ribadeo, 11 de xaneiro de 2016.- O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, valora de xeito moi positivo “a gran repercusión que tivo tanto no comercio coma na hostalaría da localidade” a pista de xeo natural instalada no parque de San Francisco. Por ela pasaron arredor de 7.000 persoas durante 23 días.

Iriarte indicou que “se puido comprobar como durante a campaña de Nadal a afluencia de persoas era multitudinaria, mesmo cando a meteoroloxía non acompañaba. A iniciativa tivo unha grande repercusión, dado que algúns dos asociados non daban abasto para repartir os vales de desconto. Grazas aos máis de 10.000 vales de desconto repartidos entre todos os asociados, podemos valorar a presente campaña de Nadal como positiva e contribuínte ás vendas dos nosos asociados”.

Acisa quere agradecer ao Concello de Ribadeo “todos os seus esforzos por implicarse no desenvolvemento do comercio e da actividade hostaleira. Grazas tamén, por contar con Acisa nos seus proxectos, e por traballar cóbado con cóbado cun mesmo obxectivo. Desde Acisa agardamos que o froito desta e doutras moitas colaboracións sigan permitindo avanzar cara o Ribadeo que todos queremos”.

A pista de xeo natural foi unha iniciativa do Concello ribadense coa colaboración de Acisa.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive