20 de Agosto de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

As parroquias de Covelas, Arante e Cedofeita xa poden consumir auga da traída con normalidade

11-01-16

Ribadeo, 11 de xaneiro de 2016. O Concello levantou este luns a recomendación de non utilizar auga para o consumo humano ou uso alimentario nas parroquias de Covelas, Arante e Cedofeita. Así o fixo saber o alcalde, Fernando Suárez, a través dun bando. A situación do encoro de Lexoso volve pouco a pouco á normalidade tras as intensas choivas da fin de semana.

O rexedor lembrou que “si ben hai dous días ditaba un bando informando de que por mor destas choivas e dos arrastres que provocou no río Grande, imposibilitaba que a pequena depuradora que temos en Lexoso puidera depurar auga para que os parámetros de turbidez estiveran dentro da normativa. Foi por iso que lles recomendamos a tres parroquias: Covelas, Arante e Cedofeita, para que os seus abonados á auga da traída municipal, non fixeran uso dela para o consumo humano”.

Suárez Barcia explicou que “na mañá deste luns recibimos da concesionaria a correspondente notificación dicindo que a auga xa se encontra nos parámetros que marcan o Real Decreto que establece os límites máximos de turbidez. Agora a Policía Local está a colocar o Bando do Concello polas parroquias e polo tanto levantamos a recomendación de non utilizar a auga para o consumo humano ou alimentario”.

O alcalde dixo que “hai que ter en conta que caeu unha cantidade importantísima de auga por metro cadrado e iso provocou uns arrastres moi importantes nos ríos. No río Eo, o outro lugar da captación de Ribado, os parámetros non chegaron a estes límites, algo que si pasou no río Grande. De feito, calquera que mire á ría de Ribadeo pode ver como na desembocadura a auga de cor chocolate intérnase varias millas mar a dentro”.

Fernando Suárez agarda que “o temporal vaia remitindo e todo volva á normalidade”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive