15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Balseiro salienta que a rebaixa da Xunta no imposto sobre a renda suporá un aforro de ata 380 euros por contribuínte na Mariña

12-01-16

A Mariña, 12 de xaneiro de 2015.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, salientou este martes que o novo curso político comeza coa entrada en vigor da maior baixada de impostos da historia da Xunta Galicia, que se materializa, entre outros aspectos, na redución do tramo autonómico do IRPF e na práctica supresión do imposto de Sucesións.

380 EUROS DE AFORRO
Balseiro explicou que grazas á nova escala do treito autonómico do imposto sobre a Renda aprobada polo Goberno galego, e que está en vigor desde o primeiro día do mes de xaneiro, a parte autonómica pasa de cinco a sete tramos o que aumentará a progresividade. A efectos prácticos para cada veciño da Mariña contribuínte suporá un aforro de ata 380 euros, que notará con maior intensidade cando efectúe a declaración sobre a renda deste exercicio, o ano próximo.

MENOS RETENCIÓNS EN CADA NÓMINA
A rebaixa da Xunta no IRPF complementa á redución de impostos promovida polo Goberno central, que se materializa en menos retencións en cada unha das nóminas. Ademais as novas medidas fiscais do Goberno benefician especialmente ás rendas medias e baixas e afecta tanto ás rendas procedentes do traballo como do aforro (contas correntes, depósitos de dividendos).

SUCESIÓNS E IMPOSTOS CERO NO RURAL
Balseiro indicou que a outra gran medida impositiva afecta á tributación do imposto de Sucesións e Doazóns que desaparece para o 99% dos galegos, pois se eleva o mínimo exento aos 400.000 euros; e sinala a posta en marcha dun programa de impostos cero no rural para operacións que afectan a compras, intercambios e modificacións de parcelas en solo rústico.

“A rebaixa de impostos suporá un aforro fiscal de 140 millóns de euros para as familias galegas e as empresas do noso país e permitirá recuperar o consumo, a demanda interna e a reactivación económica”, rematou Balseiro.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive