11 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Carla García gaña o concurso de cartas aos Reis Magos convocado por ACISA en Ribadeo

12-01-16

carta-reisRibadeo, 12 de xaneiro de 2016. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo acaba de facer públicos os nomes dos gañadores do Concurso de Cartas aos Reis Meigos. A gañadora é Carla García López, de cinco anos, que presentou “unha carta moi traballada repleta de detalles e recursos”, segundo destacan desde a directiva de Acisa.

O segundo premio lévao Ignacio López Pena, de oito anos, que realizou “un traballo moi imaxinativo e decorado con dedicación”. E Nicolás López Pena, de seis anos, ocupa o terceiro posto “cunha carta moi traballada”.

Acisa agradece “a todos os participantes a súa implicación no concurso, así coma o agarimo e a dedicación que puxeron nas cartas. Foi unha decisión rifada. Só se podían escoller tres cartas e as gañadoras son as de Carla, Ignacio e Nicolás”.

Os premios que recibirán os gañadores consisten en 50, 40 e 10 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive