27 de Febreiro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Economía, Emprego e Industria impulsa os oficios artesanais tradicionais cun curso de iniciación á olería mindoniense

12-01-16

SOL1Santiago, 12 de xaneiro de 2016.- A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, acompañada da alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, visitou na tarde deste martes o curso “Iniciación á olería mindoniense”.

A iniciativa, dirixida pola artesá mindoniense Chus Lage e promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa colaboración do Concello, ten por obxectivo impulsar a formación e a colaboración entre os distintos profesionais do sector artesanal galego, conservar os oficios artesanais tradicionais e consolidar nas principais vilas de Galicia un sector artesanal competitivo, en liña co Plan de Artesanía de Galicia 2014-2016 impulsado pola Xunta de Galicia.

Os alumnos que están a participar nesta acción formativa, que se celebrará no Alfar Os Muíños de Mondoñedo ata o vindeiro 26 de febreiro, coñecen as técnicas de torneado dos oleiros de Mondoñedo, o seu xeito de preparar o barro, as formas e os usos. Estudan ademais as diferentes pezas que se elaboraban, as distintas decoracións e poñen en práctica estes conceptos no torno traballando para conseguir reproducir estas pezas.

A organización destas actividades de impulso á formación e á conservación dos oficios artesanais tradicionais forma parte da estratexia da Consellería de Economía, Emprego e Industria para promover o talento do sector artesanal galego e consolidar un sector competitivo e transversal, un dos grandes retos do Plan de Artesanía de Galicia.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive