11 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Iadovi volta do Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala 2016 cun campión e dous subcampións

11-01-16

SONY DSCSan Cibrao, 11 de xaneiro de 2016.- Celebrado este pasado fin de semana o Campionato Galego de Tiro con Arco en Sala, o resultado non puido ser mellor o Club IADOVI, tendo como resultado do mesmo un Campión Galego e dous subcampións.

O sábado arrincaba o campionato coas categorías inferiores, alí asistiron con Beatriz Botelho Melo, que cambiaba a categoría de Alevín a Infantil. A representante feminina infantil en arco recurvo medía a súa habilidade ante o resto de compañeiras de tiro, pero pagou a súa estrea na categoría, e só se puido facer coa quinta posición cunha puntuación de 400 puntos sobre un máximo de 600 posibles. Indo de menos a máis, xa que na primeira serie clasificatoria lograría os 171 puntos, e na segunda serie despois do descanso os 229. O seu compañeiro Ángel Galante Briones participaba tamén en arco recurvo e na categoría Infantil, e tralas series clasificatorias situaríase na quinta posición con 496 puntos; o que lle valía para pasar ás eliminatorias, das que a primeira sería contra Marcos Esperante do Club Dousxsetenta, unha eliminatoria moi reñida, xa que ambos arqueiros non cedían, comeza perdendo Ángel 2 a 0 en puntos de set, para no segundo set lograr a vitoria do set e con iso o empate, a eliminatoria continúa con esta mesma tónica ata que no quinto set e estando empatados a 4 puntos de set Ángel é máis certeiro e vence o mesmo, polo que gaña a eliminatoria por 6 a 4 en puntos de set. Pasa á segunda eliminatoria en semifinais, nesta ocasión ten de enfrontarse ao representante do Club Arco Ferrol que é o que encabeza as series clasificatorias. Esta eliminatoria é unha réplica da anterior con resultados moi apertados, e logra o triunfo con 6 a 4 en puntos de set. Ángel métese na final. Esta é cun óso duro de roer, David Vallejo, o representante do Club Arqueros de Cambre e vello coñecido de Ángel, xa que fai dous anos enfrontábanse tamén no Campionato Galego de Sala na categoría Alevín, e era este o que desprazaba ao arqueiro de Iadovi á segunda posición naquel entón. Iníciase a final e Ángel, aínda que se atopa centrado e certeiro, non é suficiente, David por diferenza dun punto nos tanteos dos set logra a vitoria nos dous primeiros. O terceiro set pode ser o definitivo: se o gaña Vallejo, Ángel terá que se conformar outra vez coa segunda praza; ambos arqueiros realizan os seus lanzamentos, con puntuaciones de vértigo: 29 o un, 29 puntos o outro, empatan o set e a eliminatoria ponse 5 a 1 a favor de Vallejo; cuarto set, se se producise un empate sería suficiente para proclamar vencedor ao coruñés, pero Ángel é máis certeiro, gaña dous puntos de set e logra a remontada. Quinto set: Ángel atópase presionado, ten que vencer obrigatoriamente para ir á frecha de desempate, ambos arquieros prepáranse e Ángel é o primeiro en estrelar a súa frecha nun 9, responde David con outro 9, Ángel tira a súa segunda frecha e repite puntuación, David lanza a súa segunda frecha e váiselle a un 8, hai posibilidades e Ángel sábeo, prepárase e logra outro 9. David tómase o seu tempo e estampa a última frecha nun 10 perfecto e así logra o empate no tenteo das flechas, o empate a puntos set, e con iso a vitoria. Repítese a historia: novamente Ángel é proclamado Subcampión Galego.

Na categoría cadete de arco recurvo, Gabriel Galante Briones facíase cómodamente co titulo de Campión Galego; tras situarse primeiro nas series clasificatorias, os sets eliminatorios pasounos con amplitude vencendo aos seus contrincantes cuns aplastantes 6 a 0 en puntos de sets. Na mesma categoría e modalidade participaban Francisco Botelho Melo, que finalizaba cuarto tralas series clasificatorias, caendo nos sets eliminatorios ante Ángel Núñez do Club CELTA de Lugo por 6 a 4 en puntos de set. Lucas Rouco López situábase na praza sétima nas clasificatorias e caía nos set eliminatorios ante Taylor Murias do Club Arcobarco de Ourense, ante un aplastante 6 a 0 en puntos de set. Davis Pernas Basanta finalizaba na onceava posición tras abandonar a competición por lesión.

2016-Cpto gallego ANAO domingo á tarde disputábase o campionato absoluto; Ana María Briones Montes participaba en arco recurvo, logrando a quinta posición nas series clasificatorias, pasando aos sets eliminatorios, a súa primeira contrincante Concepcion Gomes, do Club Boa Vila de Pontevedra, unha eliminatoria moi axustada a cal supera cun 6 a 4 en puntos de set. A segunda eliminatoria é complicada, contra unha vella coñecida, Noelia Pena do Club Arcteixo (Arteixo-A Coruña), xa que esta sempre a eliminou cando coincidiron, ademais é a deportista que encabeza as series clasificatorias con 528 puntos. Nuns sets de infarto, Ana demostra que está no seu mellor momento en todas as tandas non sae do 9; aínda que os triunfos vanse alternando e os empates de set son frecuentes, chegado o quinto e último set a presión pódelle a Noelia e váiselle unha frecha ao 8, ocasión que aproveita a arqueira de Iadovi e non falla, logra un 29 no ultimo tenteo de frechas fronte ao 28 de Noelia, e con iso o pase por primeira vez á final do campionato Galego. Xa na final, ten que disputala contra Selene Blanco do Club Arqueiros de Cambre. Ana repite a final do seu fillo Ángel; perde os dous primeiros sets tan só por un punto nos tanteos das frechas; chega ao terceiro set e logra o empate do mesmo, e con iso o marcador ponse 5 a 1 en contra da arqueira de Iadovi, Selene ponse nerviosa e comete fallos que Ana sabe aproveitar, céntrase e logra un 29 no tenteo das frechas e vence con iso o cuarto set, e prodúcese a remontada. Quinto set: Ana debe gañalo para ir á frecha de desempate, xa que a eliminatoria atópase 5 a 3 en puntos de set. Último set, Selene é a primeira en acabar e logra un 28; Ana tómase o seu tempo pero os nervios xóganlle unha mala pasada, e aínda que logra tres noves non son suficientes para gañar. Ana logra a segunda praza, e con iso ser proclamada Subcampeona galega.

En senior masculino participaban Jorge Galante, que lograba ocupar a praza 13 nas series clasificatorias con 484 puntos, e José Manuel García Cordido, que ocupaba a praza 22 con 448 puntos; moi lonxe da súa capacidade.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive