20 de Xaneiro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

InLugo cobre nunha soa mañá o 75% das prazas dos 16 novos cursos gratuítos para maiores

11-01-16

A Deputación de Lugo abriu este luns o prazo de inscrición para os novos cursos do InLugo, destinados a fomentar o envellecemento activo. Na primeira mañá cubríronse o 75% das prazas, o que dá conta da alta demanda que teñen estes cursos impartidos polos traballadores da Fundación TIC. Neles, as persoas maiores de 55 anos aprenden a desenvolverse coas novas tecnoloxías para mellorar a súa calidade de vida, estimular a memoria e traballar diversas habilidades. Serán un total de 16 cursos, nos que se formarán 203 persoas entre os meses de xaneiro e marzo.

Os cursos teñen as seguintes temáticas:
- Manéxate coas novas tecnoloxías: coñece o teu ordenador (2 edicións)
- Taller de memoria TicTac Lugo. Enriquecendo a memoria do pasado (3 edicións)
- Que son as redes sociais: descobre Facebook (crea o teu propio perfil nas redes sociais)
- Mantemos en forma o cerebro coa Wii
- Copia os teus arquivos
- Atréveste con Internet? Axudámosche (2 edicións)
- Ximnasia mental coa Tablet
- Escribe no teu ordenador empregando un editor de texto
- Manéxate coas novas tecnoloxías: coñece a túa Tablet
- O carteiro en internet: que é o correo electrónico
- Organízate co teu móbil
- Exercicio mental co ordenador
- e Avanza e coñece todo o que poidas facer co teu smartphone

Quedan prazas en catro deles, concretamente en: Taller de memoria TicTac Lugo, Mantemos en forma o cerebro coa Wii, Atréveste con Internet? Axudámosche e Ximnasia mental coa Tablet. As persoas interesadas poden anotarse acudindo ás propias instalacións do InLugo, chamando ao 982-22-51-86 ou na web da Fundación TIC.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive