01 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

José Manuel Barreiro, reelixido portavoz do GPP no Senado

12-01-16

12 de xaneiro de 2016.- O senador e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, foi reelixido este martes portavoz do GPP no Senado. Anunciouno a mesma tarde deste martes o Presidente do PP e Presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, trala celebración da Xunta Directiva Nacional do Partido Popular.

Tras coñecerse a noticia, Barreiro agradeceu a confianza depositada de novo nel para desempeñar o cargo de portavoz do PP na Cámara Alta e manifestou a súa intención de seguir traballando desde o Senado en beneficio de todos. Así mesmo, reiterou o seu compromiso coa unidade de España e a igualdade de todos os españois.

José Manuel Barreiro xa exerceu o cargo de portavoz do Grupo Popular na Cámara Alta durante a X Lexislatura. Foi elixido senador por Lugo no ano 2008; antes fora Deputado no Parlamento Galego (1997-2007), concelleiro no Concello de Lugo (1995-1999) e portavoz do PP na Deputación Provincial lucense (2007-2011).

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive