27 de Marzo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Juepeo, D’Copeo e ao cine por 3,90 euros, da man do Centro Comercial Histórico de Viveiro

12-01-16

dipticos Juepeo Dcopeo y cine-page-001Viveiro, 12 de xaneiro de 2015.- A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha de novo a partir deste xoves o JUEPEO, os xoves en Viveiro de Tapeo. Nesta nova edición acompáñase ademais de dúas novidades, o D’Copeo e os mércores ao cine por 3,90€.

Restaurante O Muro, Mesón A Baiuca, Bar La Fontana, Mesón A Praciña, Cafetería Los Leones, Kiev café, Belle Epoque, Mesón Imperial, Bar La Plata, Restaurante Casa Pepi, Bar Normandy, Mesón O Recuncho, O Rincón do Tronco, Asador La Quinta, Mesón O Cambeiro e Bar O Atallo prepararán os xoves exquisitas tapas por tan só 1,50€.

Ao votar as tapas éntrase cada mes no sorteo de 200€ en vales de consumición, as papeletas para votar son entregadas no momento de consumir a tapa… polo que participar e gañar é moi sinxelo.

Ademais, a partir deste mes… probando 3 tapas podes ir ao cine os mércores por 3,90€, só hai que selar as casillas habilitadas nos flyers da promoción e entregalo directamente na entrada do cine… o desconto será inmediato.

Co D’Copeo as copas a 3,90€ todos o xoves e os venres de 23:30 a 1:30. e completando a cartilla da ruta de copas entrarase no sorteo de 4 entradas para o Resurrection Fest. Os locais participantes son Tris Tras, Gato Pardo, Biblioteca e Kiev. As cartillas pódense conseguir en calquera local destes ou nos bares participantes no Juepeo.

Trátase de ofrecer ao cliente unha oferta de lecer variada, asequible, entretida… e sobre todo nun ambiente inmejorable.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive