23 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo organiza campionatos de tute e parchís para celebrar o día da muller traballadora

12-01-16

Cervo, 12 de xaneiro de 2016. A Delegación de Igualdade do Concello de Cervo organiza campionatos de tute e de parchís para celebrar o Día da Muller Traballadora. O prazo de inscrición para participar empezou este luns e remata este venres, día 15. Hai que apuntarse por parellas na Casa do Mar de San Ciprián en horario de 09.30 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas ou chamando ao teléfono 982 87 95 83.

As partidas dos dous campionatos celebraranse durante o vindeiro mes de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao e os premios entregaranse durante unha cea, que é unha das actividades que está organizando o Concello de Cervo para conmemorar o Día da Muller Traballadora durante unha xornada na que haberá outros actos e cuxa data está sen decidir polo de agora.
A concelleira de Igualdade, Pilar Armada, está traballando na preparación da programación completa de actividades que haberá ese día, para o cal se reunirá coas asociacións de mulleres que hai no municipio, e explicou: “todos os anos celebramos diferentes actos para seguir poñendo o foco de atención na loita contra a discriminación e na consecución dunha igualdade real entre homes e mulleres”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive