A sala OMIC de Ribadeo albergará até o 15 de febreiro a exposición Or@perucita, da autoría de Mof Lasinvergüenza (Mónica Filgueira Formoso). A artista plástica e o concelleiro de Cultura presentaron o pasado venres unha exposición en que o conto clásico da Carapucha Vermella se revisa pictóricamente de forma innovadora, atrevida e visual. A combinación de cores, texto, la e madeira fai cativadora a obra da artista ourensá e lévanos a ollar desde outra perspectiva a tradición literaria.
Or@perucita, na OMIC de Ribadeo
Or@perucita, na OMIC de Ribadeo
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”