27 de Marzo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Ultimadas as actividades do showroom de vodas e comuñóns para o 23 e o 24 de xaneiro no restaurante O Asador

12-01-16

asadorBarreiros, 12 de xaneiro de 2016. O programa de actividades para o primeiro showroom de vodas e comuñóns que se celebrará no restaurante O Asador, de San Cosme de Barreiros, os días 23 e 24 deste mes, sábado e domingo, está xa ultimado.

Neste evento participarán, dando a coñece os seus traballos, outras dez empresas da zona: Decoraciones Pura, de Foz e Burela; Centro médico estético Coida de ti, de Barreiros; Floristería Sefa, de Mondoñedo; Celebra o teu día, de Burela; Peluquería Cid, de Barreiros; Catycris, de Xove; ElFarero Audiovisuales, de Ribadeo; Pastelería Cabaleiros, de Vilanova de Lourenzá; Discoteca móvil Eventec, de Mondoñedo; e Viajes Rodríguez, de Foz.

O primeiro show room de vodas e comuñóns no restaurante O Asador, de Barreiros, será inaugurado o sábado 23 de xaneiro ás 16.00 horas cun viño español e todos os asistentes serán obsequiados tamén cunha copa de cava. Ese día estará aberto ata as nove da noite.

O domingo 24 abrirá de 11.00 a 20.00 horas e os asistentes, ademais de ser obsequiados cunha copa de cava, poderán ver un pase de modelos de Catycris, que se desenvolverá ás 18.00 horas; e ás 20.00 horas sortearanse entre os asistentes, tanto do sábado como do domingo, 600 euros en vales de compra para canxear nos establecementos participantes no evento. A continuación terá lugar a clausura cun viño español.

A entrada, tanto o sábado como o domingo, será libre e gratuíta.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive