25 de Marzo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A delegación local de Foz da AECC agradece a asistencia á charla “Quen somos, que facemos”

17-02-16

A delegación local de Foz da ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO quere manifestar a súa satisfacción e o seu agradecemento a os veciños do concello de Foz, que pese as inclemencias do tempo, acudiron a nosa chamada para informarse, con todo rigor e transparencia, na charla impartida o pasado luns por persoal técnico da Xunta Provincial para coñecer “QUEN SOMOS, QUE FACEMOS” na Asociación Española Contra o Cancro.

“Tamén queremos agradecer a colaboración do Concello tanto en medios humanos como materiais, dos medios de comunicación e de todas aquelas persoas que desinteresadamente colaboraron coa Delegación Local de Foz da AECC na preparación deste evento”, indicaba Antonia García.

“Queremos tamén transmitir un forte desexo de forza e ánimo a todos os afectados directa ou indirectamente e facerlles chegar que: se se senten sos e porque non nos coñecen”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive