21 de Febreiro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Acisa Ribadeo entregou este mércores os premios aos gañadores do sorteo da campaña de San Valentín

17-02-16

IMG_5879_ambosRibadeo, 17 de febreiro de 2016.- As instalacións de ACISA Ribadeo acolleron na tarde deste mércores o acto de entrega dos premios aos gañadores da campaña de San Valentín.

Esta asociación levou a cabo unha campaña baixo o eslogan Namórate con ACISA dos días 3 ao 14 deste mes de febreiro con motivo da celebración do San Valentín. Entre os compradores nos establecementos asociados se sortearon dúas cenas.

Os agraciados son Ana Real Santos, a quen lle correspondeu unha cea no Hotel Restaurante O Cabazo, grazas á rifa obtida no centro auditivo Global, e cuxo premio recolleu a súa filla Uxía Díaz Real; e Lucía Arias Posada, a quen lle tocou outra cea no Asador La Quinta, cunha rifa de Foto Miguel.

A entrega de premios tivo lugar na tarde deste mércores na sede de ACISA Ribadeo, na Avenida de Galicia, e á mesma acudiron directivos da asociación.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive