19 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Candia convocará convencións periódicas con conselleiros e cargos no Goberno que renderán conta da súa xestión ante os militantes

17-02-16

Lugo, 17 de febreiro de 2016.- Elena Candia anunciaba este mércores que se logra os apoios necesarios para converterse na presidenta provincial do PP de Lugo convocará convencións periódicas na que os conselleiros e outros cargos do Goberno renderán conta da súa xestión e explicarán as accións das distintas Consellerías ante os militantes.

Elena Candia segue a insistir na importancia de que a militancia recupere protagonismo dentro do partido, multiplicando os mecanismos de participación, neste caso coa celebración destes foros e convencións que ademais se trasladarían a distintos puntos da provincia, coa finalidade de facelo máis accesible e que chegue a todas as agrupacións.

“Aqueles que teñen responsabilidades de goberno están obrigados tamén a dar conta ante a militancia da súa xestión, das leis que se aproban e das principais liñas estratéxicas que promoven. Estas convencións serán un foro moi útil para esta finalidade, pero tamén para que desde o Goberno poidan pulsar a opinión da militancia sobre eses temas e coñecer as súas principais inquedanzas”.

A ex presidenta da Deputación de Lugo avoga por un partido máis pegado á cidadanía “e nada mellor para iso que escoitar aos militantes e facelos partícipes de todos os procesos de toma de decisións, non só cada catro anos senón periodicamente”, indica.

A candidata popular recupera deste xeito os foros e convencións sectoriais que tan bo resultado e acollida obtiveron entre a militancia no pasado, co compromiso de convertelas nunha ferramenta que se convocará periodicamente e por comarcas.

Unha campaña enriquecedora
Por outra banda, tiveron lugar este martes as primeiras reunións da candidata coa militancia, na que participaron Elena Candia e Ramón Carballo, nas localidades de Monforte e Sarria, cunha gran acollida por parte dos afiliados. A candidata destacou que está a ser un proceso enriquecedor e moi participativo no que reciben moitas achegas coas que fortalecer o partido. Nestas reunións a candidata percibe boas sensacións e un gran apoio das mulleres e homes que traballan neste proxecto de futuro.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive