25 de Marzo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Cáritas Interparroquial de Viveiro fai balance da súa campaña de Nadal 2015

17-02-16

Viveiro, 17 de febreiro de 2016.- Desde Cáritas Interparroquial de Viveiro informa de que na pasada Campaña de Nadal 2015, se manexaron os seguintes datos:

Como en anos anteriores fíxose un chamamento a Empresas e Entidades que de xeito solidario, ben con alimentos ou bien con aportacións económicas, se sumaron a esta noble tarefa de asistir aos máis necesitados.

Organizouse unha Mesa de Petición Popular o día 19 de decembro, cunha resposta favorable de participación e colaboración.

O resultado de todo isto foi o seguinte:

Recadación de Concello, Empresas, Escola de Idiomas, Bágoas da Terra, Mesa Petitoria, etc: 6.617,61 €

Gastos en Alimentos, Preparación Xoguetes, etc: 3.546,81 €

A diferenza de 3.070,31 en depósito a favor de Cáritas para compra de alimentos, pagos especiais de alugueres, butano, recibos de luz etc.

Este ano a Campaña de Nadal, no tocante á entrega de alimentos, realizouse conxuntamente co Banco de Alimentos.

Atendeuse con paquetes a 114 familias.

Na Campaña de Reis realizada por Cáritas repartíronse xoguetes a un total de 198 nenos.

Doáronse xoguetes á organización de “Axuda ao pobo Saharaui”.

Desde Cáritas queren agradecer públicamente a todos os que dalgún xeito contribúen a esta humilde pero grandiosa tarefa de caridade e cooperación solidaria, que fai posible que sexa máis levadeiro o infortunio que están vivindo moitas familias con nenos, maiores etc.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive