16 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Eduardo Chao reclama ao departamento de vías e obras da Deputación solucións urxentes para recuperar a circulación da vía provincial que une Ferreira co Cadramón

17-02-16

chao-cadramonO Valadouro, 17 de febreiro de 2016. Eduardo Chao, primeiro Tte. de Alcalde e concelleiro de Obras no concello do Valadouro visitou as estradas de competencia provincial LU-P-0101 e LU-P-6306, a primeira delas une a localidade de Ferreira e Abadín e permanece cortada desde principios de mes por un derrube do terreo que non foi reparado. Débese ter en conta que a veciñanza da zona do Cadramón, que se ve obrigada a dar un rodeo de máis de 20 minutos para poder desprazarse á capitalidade municipal pola estrada tamén de competencia provincial LU-P-6306, nun estado lamentábel. O concelleiro nacionalista dirixiuse por carta ao Departamento de Vías e Obras urxindo solucións urxentes para estas dúas vías competencia da Deputación de Lugo.

Eduardo Chao visita á zona para comprobar in situ o estado das vias provinciais LU-P-0101 e LU-P-6306
Eduardo Chao, visitaba este martes a parroquia do Cadramón, logo de recibir queixas da veciñanza ao ver que a maquinaria da empresa encargada pola Deputación para o mantemento destas vías abandonaba a zona sen resolver os problemas na LU-P-0101 que está cortada e está a causar importantes problemas para a xente da zona para comunicarse coa capitalidade municipal onde están a maioría dos servizos, tamén co resto da comarca onde lembrou, se ven obrigada a desprazarse por motivos laborais e mesmo sanitarios para acudir ao Hospital da Costa. “Non pode ser que desde o 11 de xaneiro exista un problema así que por riba se agravou co corte da estrada o 10 de febreiro e de momento non se aclare cando vai quedar arranxado”, afirmou Chao.

Reclamación por carta ao departamento de Vías e Obras para reclamar solucións urxentes aos problemas de comunicación da xente do Cadramón
O Concelleiro de Obras despois de visitar a zona e estar coa veciñanza, reclamou por escrito ao departamento de Vías e Obras da Deputación, solucións urxentes non so para a LU-P-0101 que comunica Ferreira e Abadín, tamén para a LU-P-6306, usada como vía alternativa pola veciñanza do Cadramón para comunicarse con Ferreira e coa zona norte da comarca, que lles supón mais de 20 minutos de atraso por unha estrada que ademais está nun estado lamentábel fundamentalmente polas sacas de madeira.

O portavoz nacionalista reclamou solucións mediante a habilitación de partidas económicas ao ente provincial que permitan non so recuperar o firme da estrada LU-P-0101, senón tamén as melloras necesarias na vía LU-P-6306, actualmente, en moi mal estado.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive