O Concello burelés acolleu nas últimas horas unha xuntanza da comisión organizadora da Fundación Expomar. O presidente e alcalde de Burela, Alfredo Llano, contou que “neste 2016 as xornadas técnicas e o encontro empresarial terán lugar os días 12 e 13 de maio”. Na reunión tamén se analizaron algúns dos temas a tratar nesa cita, segundo explicou Llano. A comisión seguirá a traballar ao longo das vindeiras semanas e manterá un novo encontro o próximo 9 de marzo.
Encontro da comisión organizadora da Fundación Expomar
Encontro da comisión organizadora da Fundación Expomar
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”