A Asociación de Cabezas de Familia “San Esteban” organiza o sábado 13 de febreiro a tradicional festa de Antroido que se celebrará nunha carpa no Porto do Vicedo. A orquestra Compostela amenizará o baile infantil que dará comezo ás 21.00 horas con agasallos para tódolos participantes e o dos adultos que se desenvolverá a partir das 23.00 horas. Neste caso, haberá premios para os mellores disfraces individuais -40, 30 e 20 euros-, por parellas – 60, 50 e 40 euros- e por grupos – 90, 60 e 45 euros.
Festa de Entroido no Vicedo
Festa de Entroido no Vicedo
Relacionado
-
Obradoiro de Sumi-e en RegalXunqueira este sábado, 27 de abril
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder