11 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Lourenzá acollerá unha charla sobre o infarto de miocardio a cargo do cardiólogo Ramón Ríos o día 25 deste mes

17-02-16

CARTEL CHARLA INFARTO MIOCARDIO LOURENZA 25-02-16Lourenzá, 17 de febreiro de 2016.- O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá unha charla sobre o infarto de miocardio a cargo do cardiólogo Ramón Ríos Vázquez, que exerce no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), de Lugo. Será o día 25 deste mes, xoves, ás oito e media da tarde.

A alcaldesa, Rocío López García, anunciou este mércores que este acto “organízao o Concello de Lourenzá en colaboración coa Federación Veciñal Lucus Augusti. A charla terá como tema principal o infarto de miocardio e será impartida polo doutor Ramón Ríos Vázquez, cardiólogo do HULA e membro do equipo do doutor Carlos Juanatey”.

A rexedora municipal engadiu que na charla “abordaranse cuestións moi importantes, todas elas relacionadas co infarto de miocardio. Explicaranse cales son os síntomas previos a un infarto e como detectar se un paciente o está a sufrir. Tamén darán indicacións de como proceder ante un caso de infarto de miocardio e de como tratar e prestar auxilio ao paciente. As horas posteriores aos primeiros síntomas iniciais á detección do infarto poden ser fundamentais para a supervivencia do paciente”.

Rocío López rematou explicando que “o obxectivo desta charla é facilitar información e familiarizar á xente cun tema que cada día se volve máis común e afecta máis a saúde dos cidadáns”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive