Foz, 22 de febreiro de 2016.- Este venres día 26 de febrero ás oito e media da tarde na Librería Bahía preséntase o libro “Caboverdianas en Burela” de Luzia Oca editado por Sotelo Blanco.
Acompañará a autora na súa presentación Catalina Sanchez, gran coñecedora da realidade Caboverdiana.
O libro é froito da tese do mesmo título que a súa autora defendeu na Universidade de Santiago de Compostela e que foi avaliada con sobresaliente cum laude.
Pola súa banda o libro que presentamos foi merecente do premio Vicente Risco de Ciencias Sociais na edición do 2015.
Ao longo de quince anos de traballo Luzia Oca González analizou a vida das mulleres caboverdianas que están asentadas en Burela dende o ano 1978.
A investigación puxo en cuestión a imaxe que se difundía desde ámbitos oficiais, que calificaba como modélica a integración daquel colectivo inmigrante asentado nesta localidade.