21 de Febreiro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Viveiro presenta preguntas para o pleno en relación á situación da rúa Alonso Pérez

17-02-16

foto 1Viveiro, 17 de febreiro de 2015.- Belinda Bermúdez Otero, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes PREGUNTAS sobre as que desexa obter no próximo Pleno a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

No derradeiro pleno presentábamos un rogo, no que pedíamos o adecentamento da rúa Alonso Pérez adoptando outro tipo de medidas para que as fochancas non voltaran a aparecer. O 25 de xaneiro foron tapadas con aglomerado en frio, non transcurrindo nin quince días volven a estar igual ou peor que antes. A Sra. Alcaldesa contestounos a dito rogo que a concellaría de obras reservara no ano 2015 parte do presuposto que manexa para acometer a obra, pero debido a unha situación de urxencia, tivera que utilizar esa reserva de crédito para outro fin. Indicando que a obra estaría xa executada se non estivera condicionada por unha actuación complementaria, que entenden importante, e que se ten que realizar con carácter previo.

Por todo o exposto preguntamos ó Goberno Local:

1 – Cal foi a situación de urxencia para a que se destinou dita partida?
2 – Cal é a actuación complementaria, que entenden importante e que se ten que realizar con carácter previo?
3 – Teñen previsto arranxar dita rúa en datas próximas ou os veciños/as terán que seguir soportando esta situación durante un ano mais?

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive