- A Garda Civil detivo en Ribadeo a un veciño de Tapia de Casariego, de 27 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a saúde pública (tráfico de drogas)
Os feitos tiveron lugar na madrugada do pasado sábado, cando no marco dun operativo policial intervéuselle á persoa detida seis envoltorios de plástico que contiñan 3 gramos de cocaína, un envoltorio de plástico cun gramo de heroína e 400 billetes de diverso valor. O detido foi posto a dispor xudicial.
- O Club de Remo Celeiro participou esta fin de semana no Campionato Galego de bateis
Desprazouse ata A Pobra do Caramiñal, na Provincia de A Coruña con 8 remeiros e 2 patróns, completando participación nesta privilexiada competición con 2 bateis en categoría infantil (masculina e feminina). En canto aos resultados, despois de acadar a 5º posición en tanda, ningunha das 2 tripulacións logrou a clasificación para a regata final por segundos. Nenos, directivos e familiares gozaron dunha fin de semana de Remo emocionante, cargada de experiencias positivas.
- A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, asistiu este domingo á XV Feira da Artesanía do Ferro que se celebra nesta localidade lucense
Durante o seu percorrido pola feira, a conselleira puxo de relevo a importancia de eventos deste tipo que contribúen á dinamización das zonas rurais e, neste caso, a dar a coñecer o traballo que desenvolven estes artesáns do ferro.
- Comezou o Domingueo en Ribadeo. Trátase dunha iniciativa coa que Concello e Acisa pretenden dinamizar os domingos en Ribadeo, de abril a xullo
Esta fin de semana, coincidindo co concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo, ducias de persoas disfrutaron da música e da gastronomía no peirao de Porcillán. O 28 de abril o Domingueo en Ribadeo chegará á rúa San Francisco. Ata esa xornada quedan 7 días para seguir saboreando a gastronomía en miniatura na décimo sétima edición do Ribadeo de Tapeo, que esta fin de semana foi un éxito.
- A Deputación colabora coa Feira do Ferro de Riotorto
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, asistiu este domingo á 15ª edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, coa que colabora a Deputación a través dunha achega de 4.000€. Morandeira puxo en valor a artesanía da provincia de Lugo nesta cita que contou ademais con talleres de ferro, demostracións de diferentes oficios, unha exposición de artesanía e produtos do campo. Tamén actuou o coro de Riotorto e a charanga NBA, celebrouse un obradoiro de ferro infantil e un espectáculo de lume e malabares.
- O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores
A Alcaldesa, Efigenia Maseda, emitiu un bando para poñelo en coñecemento da veciñanza. Esta unidade estará situada entre o pavillón e a piscina. Todas as persoas interesadas na inspección poden pedir cita na páxina web www.sycitv.com ou no teléfono 982 309 000. “Conservar este servizo é moi positivo xa que nos permite aforrar en desprazamento para pasar a inspección ás nosas motos e ciclomotores, do que tamén pode servirse a veciñanza doutros concellos” apuntou Efigenia Maseda.
- O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, asistiu este sábado á 14º edición da Festa do Viño de Negueira de Muñiz, unha cita que congrega a centos de persoas neste municipio da Montaña
Durante a xornada poderán degustarse máis de 200 litros destes viños elaborados con uva Mencía, Branca Lexítima, Verdello ou Serodo distinguidos coa IXP Terras do Navia. Ademais, haberá actividades lúdicas para todos os públicos, música tradicional a cargo do grupo Nubeiro, actuacións do Dúo Samba e a orquestra Compostela e o pregón a cargo de Fran, quen fora capitán do Deportivo da Coruña.