O grupo de montaña Marqués de Casariego organiza unha raquetada por Arbás, en León, a fin de semana do 20 e 21 de febreiro. As previsións de nevadas para estes días fan pensar que terán probabilidades de pisar neve. A saída está prevista para as 14.00 horas dende Tapia con parada en Oviedo e Campomanes. O prezo da actividade é de 35 euros para os socios colaboradores, 45 para os socios e 55 para non socios coa cea, almorzo, raquetas e aloxamento, no albergue de Cubillas, incluído. É necesario levar saco ou reservar sabas (por 3 euros máis). A ruta de 8 km con raquetas desenvolverase o domingo pola mañá e durará arredor de 3 horas. O xantar, durante a ruta, corre a cargo dos participantes. Información e inscrición ata o xoves 18 de febreiro a través do enderezo cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es ou dos teléfonos 689 175 515, 659 000 707 ou 608 540 828.
Raquetada polo val de Arbás
Raquetada polo val de Arbás
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’