Ducias de persoas gozaron este domingo no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en Barreiros, da música do grupo Nova Poesía, que converteu ao tango en protagonista desta cita. Os asistentes puideron escoitar temas como La Cumparsita, Milonga del Ángel, El día que me quieras, Caminito, Mi Buenos Aires querido ou Libertango, entre outros. A actividade foi organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Barreiros.
Tango con Nova Poesía en Barreiros
Tango con Nova Poesía en Barreiros
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Este martes houbo outra xornada de Brincos de Lecer na Casa da Cultura, que a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non se quixo perder
-
Asociacións culturais, deportivas e veciñais convocan unha manifestación baixo o lema: “Médicos no Vicedo xa!”