21 de Febreiro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Últimos días para inscribirse no curso de monitor e director de actividades de tempo libre en Ribadeo

17-02-16

Até o 23 de febreiro queda aberto o prazo de inscrición para o Curso de Monitor/a e Director/a de Actividades de Tempo Libre 2016 que organiza a Concellaría de Mocidade.

O obxectivo pasar por proporcionar aos participantes a titulación oficial de Monitor/a de actividades de tempo libre expedida pola xunta de GALICIA-Dirección Xeral de Xuventude, e capacitar aos mesmos parta traballar em campamentos, ludotecas e empresas de tempol libre; á vez que se mellora a súa empregabilidade.

O curso realizarase nos meses de marzo, abril e maio na sala de xuntas do Pavillón Municipal de Ribadeo, en 20 sesións de 10 horas (sábados e domingos) de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas a partir do 5 de marzo.

Segundo o decreto 50/2000 que regula os cursos de monitor/a de actividades de tempo libre os contidos son de 200 horas de formación teórico-práctica e 150 horas de formación práctica.

As persoas maiores de idade en posesión do título de EXB, ESO, FP ou equivalentes, poderán participar ata cubrir un máximo de 25 prazas sempre e cando se reúnan un mínimo de 18 persoas interesadas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive