21 de Febreiro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Un ovetense faise co premio do II Concurso de cartas de amor convocado pola galería Terra Branca

17-02-16

pRibadeo, 17 de febreiro de 2016. Francisco González López é o gañador do II Concurso de Cartas de Amor que convocou a galería ribadense Terra Branca para celebrar San Valentín.

“Tras deliberar, o xurado composto por Mini López-Santos Santiago e José Ramón Leal Segura e baixo o asesoramento profesional do poeta Paco Rivas, ditaminou que o gañador da Segunda edición do concurso Cartas de Amor de Terra Branca sexa Don Francisco González López de Oviedo (43 anos)”, sinalan desde a galería.

José Ramón Leal felicita ao gañador: “personalmente quero dar as grazas aos membros do xurado pola súa colaboración e tamén agradecer a participación de todos os concursantes…aos que convocamos xa para a terceira edición deste concurso dedicado ao amor”.

Francisco González López recibirá como regalo unha figura do ceramista Otero Regal.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive