O Barbadás continúa sen gañar e isto permítelle aos de Ribadeo lograr un punto nos Carrís grazas a un empate a cero goles.
Coa necesidade de puntuar para ambos equipos, na primeira metade víase un partido moi pechado cun par de ocasións para os locais. A máis clara, un tiro que rozaba o largueiro.
Xa na segunda metade ambos equipos buscaban o gol: os ourensáns primeiro e os mariñáns despois xerando perigo nos últimos 15 minutos.
Con 23 puntos, os celestes continúan como farol vermello da categoría e a 5 da zona de salvación. A vindeira xornada reciben ao Choco, o segundo da táboa que encadea 5 vitorias consecutivas.