22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A descomposición do vello continente

21-03-16

pablo-alvarez-ramosCON PÓLVORA E MAGNOLIAS. Jean Omer Marie Gabriel Monnet, ou Jean Monnet para o gran público, foi un banqueiro francés que xunto con Konrad Adenauer, Robert Schuman e Alice de Gaperini ten a consideración de “pai de Europa”; conseguintemente sería de obrigado cumprimento intentar definir que é aquel enxendro que se identifica con tal nominación, Europa.

Xorde no ano 1950, tendo como primeiro presidente a Jean Monnet a CECA (Comunidade Europea do Carbón de do Aceiro) co obxecto de regular tales sectores –carbón e aceiro- no marco dos estados membros.

Por tanto sería fidedigno afirmar que o embrión do que hoxe coñecemos como Europa confórmase da vontade de establecer un contrato supranacional, de marcado carácter comercial, entre países produtores/exportadores e destinarios de materias primas de inexcusable importancia para éstes.

Paralelamente, despois da barbarie da II GM, estábase a conformar en todo o vello continente o Estado social ou Estado de dereito. Deste xeito comezábanse a redactar as Constitucións de posguerra que facían fincapé na necesidade de establecer mínimos denomindadores conviviencia.

Contratos nacionais representados nos Estados de dereito e contratos supranacionais reflexados nos Tratados, a tradición ilustrada e socialista conxugábase cos principios rectores do liberalismo clásico: libre circulación de capitais, de mercancías e de traballadores.

Pois ben, a miña aportación persoal ao presente texto, ó marxe da sucinta referencia histórica, tende a afondar en que aquel espacio que coñecimos como Europa, aquel lugar no que a partires dos 50 se creou un estándar de convivencia sen parangón histórico, está agora agonizante e en período de mutación, reencarnándose no que foi no período de entreguerras, nos anos 30. O estado social é unha rémora quebrada que xa non é capaz de solucionar problemas que exclúen a sectores notables da súa cidadanía, unha institución cada vez máis raquítica que, ó xeito dun enfermo de anorexia, corre o risco de capitular. Os principios liberais clásicos foron sustituídos por unha sorte de golpismo financeiro: os defensores xenuinos da liberdade deben de selo, tamén, da libre circulación de persoas; o contrario é fascismo.

Fascismo é un termo que de tanto usalo parece que se vacíou de contido pero ¿Podemos aínda debuxar o patrón?

Fascismo son os afeccionados dun equipo de futbol holandés que botan monedas no chan para entreterse cao miseria doutros, fascismo é Erdogán acusando a Europa de apoiar ao terrorismo, e por suposto, fascista é a indiferencia daqueles que torcen a vista cando milleiros de serés humáns morren intentando fuxir da guerra. Ergo, na nosa man está paliar a enfermidade ou deixala metastatizar, quo vadis Europa?

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive