22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Barreiros pon en marcha o proxecto “Viaxes culturais” os días 25 e 26 de marzo

22-03-16

210316 Foto viaxes BarreirosBarreiros, 21 de marzo de 2016.- O Concello, en colaboración coa Aciam de Barreiros e coas asociacións Barreiros Mar e Monte e Luz de Tea, poñen en marcha esta Semana Santa o proxecto Viaxes Culturais, os días 25 e 26 de marzo.

Estas viaxes consisten en rutas guiadas en autobús dirixidas a todas aquelas persoas que desexen coñecer máis profundamente o patrimonio natural e cultural deste municipio de A Mariña luguesa. As Viaxes Culturais realizaranse os días 25 e 26 de marzo, ás 10.00 da mañá.

Segundo explicaron os organizadores na presentación, que tivo lugar este luns pola mañá, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedreo, “esta constitúese coma unha viaxe a través do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e cultural de Barreiros que nos permite somerxernos en diferentes temas como a importancia do Diploma do Rei Silo, a relevancia de Santo Estevo do Ermo como paraxe natural, as pegadas do Barroco no Camiño Norte, o diñeiro indiano e a súa significación social, a lenda de Maeloc e o diamante azul do Monte Cornería, ou a explotación do río Masma no século XX (non só produtor de troitas senón tamén de electricidade)”.

As viaxes teñen unha duración dunha hora. O prezo é de 2 euros para os adultos. Os nenos poden gozar da proposta de xeito gratuíto. As persoas interesadas poden inscribirse chamado ao seguinte número de teléfono: 615 09 21 15. No acto de presentación participaron o alcalde, Alfonso Fuente, a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, e membros das asociacións organizadoras.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive