23 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Nace o Foro OBenComún para concitar múltiples voces para un novo relato dun tempo novo

21-03-16

O Foro OBenComún, que no seu momento decidiu impulsar o colectivo político Espazo (Ecosocialista), toma corpo como unha realidade tanxible desde agora coa web www.obencomun.gal que será o lugar de encontro de multiples voces “na procura de novos horizontes, da identificación de novas axendas e da composición dun novo relato necesarios para poder pensar outro futuro”, desde os parámetros do que se pode identificar como esquerda nacional.

Para esta andaina o Foro contara con máis de vinte voces referenciais no activismo social e político e na reflexión académica nos campos da bioética, cultura, economía, filosofía do cotía, lingua, historia, territorio, política e xustiza social e ambiental que irán publicando artigos.

A web estrease con dous primeiros artigos corresponden ao historiador Carlos Barros e ao lingüista Henrique Monteagudo.

Ademais a web tamén acollera mesas de debate monográficos que posteriormente terán plasmación en xornadas e seminarios.

Tal como di a editorial 0 da web “vivimos tempos de grandes cambios na articulación política e social. As novas formas de interpretar a política vanse abrindo paso nun proceso que parece irreversible. Un proceso fundamentalmente de transformación democrática que tivo o seu punto de partida nas prazas hai cinco anos.

Sabemos que un dos problemas da esquerda é o seu exceso de voluntarismo, a súa carencia de reflexión para abordar os novos parámetros que se están a configurar nunha realidade complexa.”

Outro elemento importante vai ser a publicación de libros de ensaio. A marca OBenComún xa publicou dous títulos “A (re)construción da esquerda nacional “ (2013) e “Ecoloxía Política: Olladas desde Galicia” (2015). Agora xa esta traballando nun novo libro sobre os retos das novas democracias no que participarán, entre outros, a Tenente de Alcalde de Barcelona, Laia Ortiz, o deputado de En Marea, Antón Gómez-Reino, e a investigadora do CES de Coimbra, Teresa Cunha.

O Foro conta cun equipo executivo (consello editorial) que preside de xeito honorífico Carlos Etchevarría, histórico socialista e ex-presidente do ateneo republicano da Coruña, ao que esta ao frente Xoán Hermida.

Aínda que o Foro parte dunha iniciativa de Espazo (Ecosocialista) quere construírse desde unha vocación de independencia e baixo uns parámetros de pluralidade e liberdade de pensamento, coma un primeiro paso dunha futura Fundación para a análise política e social en Galicia, desde unha perspectiva glocal e democrática, na xustiza social e ambiental.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive