18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Foz homenaxea a Francisco Longarela polos seus 100 anos

12-03-16

100Foz, 12 de marzo de 2016. O Concello de Foz homenaxeou ao veciño Francisco Longarela Ramudo porque acaba de cumprir 100 anos de idade, concretamente antonte, xoves, día 10. Por este motivo hoxe recibiu a visita do alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e da concelleira de Asuntos Sociais, Mercedes González Alonso.

O rexedor municipal explicou que Francisco Longarela Ramudo “é unha persoa moi coñecida e ben querida en Foz, porque fundou a xastrería e tenda de roupa Longarela, que actualmente rexentan os seus nenos Julio e Rodrigo. É moi afeccionado ao fútbol, concretamente do CD Foz, club do que foi presidente, e tamén é membro da peña focense do Deportivo da Coruña”.

Durante a visita do alcalde e da concelleira de Asuntos Sociais, Francisco Longarela estivo acompañado por un dos seus fillos, a nora, un neto e unha bisneta.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive