19 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Grupo Popular quere que a Xunta potencie a presenza de empresas pesqueiras nas feiras e mercados internacionais de maior prestixio

21-03-16

Santiago, 21 de marzo de 2016.- O Grupo Popular vén de presentar unha iniciativa de impulso á acción do Goberno pola que se demanda á Xunta que potencie a presenza de empresas pesqueiras galegas nas feiras e mercados internacionais de maior prestixio.

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, explica que estes eventos son “un escaparate privilexiado e moi útil para que os distintos axentes profesionais do noso sector pesqueiro gañen en visibilidade, capacidade de negocio e presenza en novos países”.

Potenciar a imaxe internacional
A través desta iniciativa, o Grupo Popular pretende que se intensifiquen os apoios que o Goberno galego xa dispón con este obxectivo, potenciando e ampliando as axudas económicas e técnicas precisas para que o sector marítimo-pesqueiro galego teña presenza nestes eventos.

Balseiro entende que esta estratexia é esencial “nun mundo globalizado, no que cada vez adquire maior importancia a promoción dos produtos frescos e transformados do sector pesqueiro galego e a potenciación da imaxe internacional do noso sector marítimo”

O voceiro popular do Mar di que, por todo isto, “somos favorables a redobrar os apoios das administracións ás nosas empresas”, ao tempo que insiste en que deste xeito se “contribuirá a mellorar a eficiencia do sector, reforzar a súa presenza no exterior e aumentar a súa capacidade para ampliar mercados”.

Mellora das exportacións
Balseiro lembrou que os datos acreditan que o sector exterior é un ámbito en alza. Dá testemuña deste feito o incremento das exportacións galegas de pescados e mariscos nun 9,2 por cento en 2014 ou o feito de que o mercado exterior destes produtos teña superado as 210.000 toneladas, cun valor económico que supera tamén os 363 millóns de euros.

“Galicia representa aproximadamente o 50 por cento do total do volume de exportacións de España de preparados, conservas e semiconservas, e é case o 60 por cento do valor económico das exportacións de España nestes sectores. Aspiramos a un liderado similar no tocante aos preparados de peixe e marisco, pois a calidade que os caracteriza, supón unha vantaxe competitiva fronte a outros países”, apuntou.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive