22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O grupo socialista de Ribadeo denuncia deficiencias nos servizos de pediatría e enfermería

22-03-16

nota prensa enfermería y pediatría marzo-page-002Ribadeo, 21 de marzo de 2016.- O grupo Socialista de Ribadeo denuncia a deficiente calidade asistencial en relación coa atención aos máis novos. Segundo puidemos constatar esta semana, os nenos e nenas do Concello de Ribadeo e Trabada non poderán contar co seu profesional sanitario asignado (pediatra), xa que dito profesional está de vacacións e, desde o Sergas, non cobren a súa ausencia con outro profesional especialista senón que derivan a atención sanitaria aos médicos de familia do Centro de Saúde de Ribadeo e Trabada, aumentando así considerablemente a súa axenda diaria xa que o pediatra ten unha cota de máis de 1.200 nenos.

A preocupación por esta situación é aínda maior cando o verán está próximo e a cantidade de pacientes asignados ao pediatra vese incrementada de forma considerable, xa que o noso Concello duplica a súa poboación, e, de acordo á información que nos fixeron chegar, o Sergas non vai cubrir tampouco dito período cun pediatra.

Enfermeira a media xornada
Temos constancia doutro caso de falta de cobertura para unha praza de enfermeira: Unha das Diplomadas Universitarias en Enfermería está contratada por só 4 horas cando realiza xornadas moito máis amplas para poder dar resposta aos seus pacientes, poñéndose de manifesto que parte da súa xornada realízaa sen o alta na Seguridade Social e sen o correspondente soldo, incumprindo todas as leis. Tal é o “abafo” por parte da profesional que na porta da súa consulta colga unha nota informativa redactada por ela mesma pedindo desculpas e rogando “non a tomen coa enfermeira”.

Simultaneamente a presentar escrito ante os medios de comunicación, presentaremos no Concello de Ribadeo un documento solicitando ao Goberno Municipal que tome medidas urxentes e concretas, porque os nosos pequenos e os nosos maiores teñen dereito a unha atención sanitaria adecuada.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive