22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O II Maratón de Tute organizado por Burgo de Trasbar reunía a 28 parellas

21-03-16

maraton-tute-trasbarA Asociación de veciños do Burgo de Trasbar vén de celebrar o II Maratón de tute este sábado 19 de marzo no local social de Trasbar e nunha carpa instalada na explanada a carón do local.

Esta é xa a segunda edición. Estamos satisfeitos de que aumentara a participación con respecto ao ano pasado. Un total de 28 parellas disputaron este maratón que comezou polas 17.00 horas e rematou sobre as 04.00 horas do domingo, incluíndo unha final e dúas repescas.

Clasificación:
- na segunda repesca: segundo premio para Tristán e José Antonio (80 €) e primeiro premio para Kely e Suso (130 €)

- na primeira repesca: segundo premio para Julián e Manolo (130 €) e primeiro premio para Horacio e José Manuel (180 €)

1-maraton-tute- na final: o cuarto premio para Toñito e Andrés (80 €); terceiro premio para Jota e José (180€); o segundo premio levárono Abelardo e Santi (280 €); o primeiro premio foi para a parella formada por Román e Nelo (480 €), de San Cibrao.

A directiva agradece “a participación de toda a xente que se apuntou e agardamos poder contar con todas as parellas no vindeiro maratón e con algunha máis”.

Tamén agradecen “á asociación de montes de Vilaestrofe por deixarnos o seu cañón de calor e, sobre todo, ao Concello de Cervo pola súa colaboración e pola boa disposición que mostra sempre con esta asociación”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive