23 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Acisa entrega os premios aos gañadores do VI Concurso Fotográfico do Día do Pai

22-03-16

210316 Foto entrega premios AcisaRibadeo, 21 de marzo de 2016.- Nas instalacións de Acisa tivo lugar na tarde deste luns a entrega de premios aos gañadores do VI Concurso Fotográfico do Día do Pai.

Cristina Laxas, Almudena de Osa (no seu home recolleu o premio a súa irmá) e Mª del Carmen Fernández recibiron de mans do presidente e do vicepresidente, David Martínez Martínez e Juan Antonio Fernández Andina, os seus agasallos: 200 euros, 150 euros e 100 euros respectivamente en vales de compra para gastar nos locais asociados a Acisa. As súas fotos foron as elixidas polo xurado que se reuniu o pasado sábado.

Outros 100 euros en vales de compra recibiu Ao-Paco Ferreiro. A súa foto foi a elixida polo público a través das redes sociais.

As catro imaxes poderán verse expostas proximamente no escaparate de Foto Miguel.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive