29 de Marzo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PSOE provincial pide melloras na N-640, entre Meira e Lugo, para diminuír accidentes

21-03-16

Lugo, 21 de marzo de 2016.- A deputada luguesa do PSdeG-PSOE Margarita Pérez Herraiz, e o senador lucense Ricardo Varela, anunciaron que rexistraron unha proposición no Congreso dos Deputados coa que reclaman que se realicen melloras no tramo da N-640 entre Lugo e Meira, co fin de diminuír o resgo de accidentes”.

Pérez Herraiz sinala que este tramo atopase en moi mal estado, como xa se ten denunciado en diferentes ocasións. Explica que “a N-640 entre Meira e Lugo esta chea de remendos, parches, desniveis, e ten moitas tonalidades no asfalto, polo que transitar por ela convertese nun suplicio para os miles condutores que utilizan esta estrada”.

Sinala tamén que esta estrada é a principal vía de aceso cara a Lugo destes municipios, e tamén coa conexión co resto de estradas, como por exemplo coa de Madrid.

Pérez Herraiz advirte “que ademais de estar en mal estado, ten rodeiras que se foron facendo co tempo, converténdoa nunha estrada moi perigosa, especialmente cando chove”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive