26 de Xuño de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Ribadeo FC perde en Mugardos cunha “vergoñenta” actuación arbitral

21-03-16

O Ribadeo FC caía en Mugardos (2-1) este domingo 20 de marzo nun partido no que consideraron “vergoñenta” a actuación arbitral.

Criss marcaba na primeira metade adiantando aos mariñáns; pero, na segunda metade, os locais saían pola vitoria. Brais vía entón a tarxeta vermella por derribar a Carlos que máis tarde igualaría o marcador tras un saque de esquina. Dani marcaba, a falta de 10 minutos para o final, o gol da vitoria de falta directa.

Con 29 puntos, os celestes continúan a ocupar un dos postos de descenso directo a 4 do Ordes que ocupa a última praza da salvación. Precisamente, os de Germán e Fiz recibirán ao conxunto coruñés a vindeira xornada no Pepe Barrera.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive