27 de Xuño de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Teatro ribadense encheuse de público no concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Música de Ribadeo

21-03-16

210316 FOTO CONCERTO DE SEMANA SANTA BANDA DE RIBADEO ONTE (1)Ribadeo, 21 de marzo de 2016.- O teatro ribadense encheuse de público no concerto de Semana Santa que ofreceu este domingo a Banda Municipal de Música de Ribadeo que estreou dúas pezas.

A Banda ribadense, dirixida por David Ballester Martínez, interpretou por primeira vez nesta actuación Where de sun breaks trhrough the mist, de Michael Sweeney; e Hallelujah, de Leonard Cohen. Ademais ofreceron as pezas Adagietto for flute, de Ted Huggens, na que actuou como frauta solista Paula Pérez Conde; Adiós Nonino, de Astor Piazzolla; The Lord of de Rings, de Ralph Ford; Célebre Adagio, de Tomaso Albinoni; Getsemaní, de Ricardo Dorado; e La Madrugá, de Abel Moreno.

O próximo concerto programado pola Banda Municipal de Música de Ribadeo será o que se celebra cada ano para conmemorar o Día das Letras Galegas. Está previsto para o día 7 de maio, ás 20:30 horas no Teatro ribadense.

Asemblea extraordinaria de socios
Por outra parte, o día 31 deste mes a actual directiva de Amadores da Música remata o seu mandato, segundo o establecido nos estatutos da asociación, “non existindo por parte dos compoñentes actuais intención de presentar unha nova candidatura”, segundo anunciaron. Por ese motivo,convócase asemblea xeral extraordinaria para o día 2 de abril de 2016 ás 20:00 horas, en primeira convocatoria, e ás 20:30 horas, en segunda, no salón de actos da Casa do Mar cun único punto no orde do día: elección de nova directiva.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive