29 de Marzo de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Vía Crucis Vivente de Villanueva de Oscos foi declarado Festa de Interese Turístico Rexional

21-03-16

plano via crucis 2016-page-001Villanueva de Oscos, 21 de marzo de 2016.- A iniciativa do Vía Crucis Vivente xorde no ano 2002 onde desde un primeiro momento houbo unha gran implicación dos veciños de Villanueva de Oscos así como doutras persoas e institucións que colaboran asidua e desinteresadamente co noso municipio.

Forman parte da representación ao redor dun centenar de persoas, todos eles actores afeccionados. No mesmo recréanse as escenas con música clásica en directo e ano tras ano fóronse incorporando novas escenas e grupos de recreación histórica.

Recentemente o noso Vía Crucis Vivente foi declarado Festa de Interese Turístico Rexional polo Goberno do Principado de Asturias.

O Vía Crucis Vivente 2016 toma un novo escenario centrado por completo no Mosteiro Cisterciense de Villanueva de Oscos.

A primeira escena que representa A Última Cea terá lugar no Patio interior do Mosteiro de Santa María ambientando dunha forma ideal a representación deste momento crucial da Paixón segundo San Marcos.

O resto das escenas, representaranse na horta do mosteiro e parte posterior do edificio monacal.

Realizaranse un total de seis escenas: Última Cea, Monte das Oliveiras, Negacións de Pedro, Xuízo ante Pilatos, Castigo a Xesucristo e Crucifixión.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive