23 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Proa ó leste

21-03-16

suso-fernadez72 anos se cumplen da primeira vez que embarcacións focegas puxeron proa a portos de leste para iniciar a longa travesía anual e dedicar un par de meses á pesca do bocarte que era mais ou menos a duración da costeira. Foran as primeiras en tomar a arrincada as chamadas Delio e Remixia. A primeira, propiedade da familia Quintanero, tripulada polos irmáns Antonio e Eliseo Ares Otero; Valadouro, Balbino de Andrés, Chingla, Mancha,Didín, Manolo da Cacarela, Salvador Incera, Pepe do Fesguello, Suso Castiñeira e Pepe do Barbeiro, o motorista.

A Remixia, da que era armador Emilio Teijeiro “Pelotas”. Mandada por “Pachocho” levaba ademais a Alberto da Capitana, Normando, Manolo de López,Tisia, Paco de Eulalia,Barrigán, O Mereto, Pelolelo e Cora. Sucesivamente foronse unindo tódalas lanchas con base no noso porto: Mari Came, Sebito, Balboa, Jesús Dolores, Dominga,Nazareno, Lestegás, Otero Lage, Gavilán del Mar, Brisas de Foz,Normando, etc. o que significaba todo un éxodo hacia aquelas latitudes.

Nas vésperas da saída o peirao ofrecía grande animación: a preparación e aviltuallamento das distintas unidades daban lugar a un trafego de persoas, víveres, mercadurías… que levaban parello a tristura da despedida e tamén a ilusión de que á volta se cumprirían obrigas e promesas, mesmo de casamento; novos proxectos de vida… Á volta de Lequeitio era frase acuñada que expresaba esas esperanzas e eses desexos.

Pascasio era un persoeiro singular, polifacético: mestre zapateiro, carteiro e barman; enxeñoso, versificaba aconteceres da vida local.Naqueles tempos, chegada a costeira, coa música de “Santander”, o bolero que tan popular fixera Jorge Sepúlveda, cantaba: “ As de Foz son o demo e namais / todas queren gastar medias de plexiglás.Eu soñei ou dixéronme a mín / que se falla o bocarte / vánseche pra Madrí ”… Mariñeiros focegos e xentes do mar daqueles pobos viviron unha longa odisea de admirables valores humáns nos que o concepto da solidaridade e a mútua axuda, da camaradería, con tantas carencias, foron moeda cotiá. …Admirable!.

Había moitos anos que Laredo tiña dedicado unha rúa a Foz; no ano 2003 Chemari Neira, presidente da Confraría, finado prematuramente, suxiríu á alcaldía corresponder coa vila santanderina: así naceo o Paseo de Laredo que atravesa a praia da Rapadoira…

Suso Fernández

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive