23 de Maio de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Teatro coa asociación A Mariña en Cervo

21-03-16

caso-sabelaOs usuarios que participan no taller de teatro que se desenvolve na Asociación de Axuda ó Enfermo A Mariña ofrecerán unha nova actuación o xoves 24 de marzo no salón de plenos do Concello de Cervo a partir das 19.00 horas. A obra que interpretarán é “O caso de Sabela” que está a ter moi boa acollida -por exemplo na actuación deste domingo 20 de marzo no Centro Cívico de Cangas de Foz- e cuxa temática principal versa sobre o que supón padecer unha enfermidade mental. Esta obra é unha potente ferramenta para concienciar e pensar sobre o trato que podemos darlle ás persoas cunha enfermidade mental e o que supón facer fronte ao estigma. Aproveitarase a ocasión para dar os premios aos gañadores do concurso “Un orixinal por amor”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive