19 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Biblioteca de Foz recibe ao alumnado da escola infantil A Galiña Azul

21-04-16

libro-fozFoz, 21 de abril de 2016. Con motivo da celebración das actividades da Semanaa do Libro a biblioteca pública municipal de Foz recibiu hoxe a visita dos alumnos e alumnas da escola infantil local A Galiña Azul e cada un levou o seu carné de lector.

A bibliotecaria, María Jesús Álvarez Sánchez, explicou que “os actos continuarán mañá, venres, co obradoiro A obra de Castelao en sombras, de A Xanela do Maxín, ás 11:30 horas. Esta actividade está incluída no programa Ler conta moito, da Consellería de Cultura, coa participación dos membros do Club de Lectura do IES de Foz. Neste obradoiro as rapazas e rapaces reproducirán mediante teatro de sombras algunhas das viñetas do autor, debuxando en cartolinas ou transparencias os personaxes e decorados, para despois animalos a través dun teatriño. E pola tarde terá lugar a presentación do novo libro de Paco Rivas Entre o abalo e a zarando; diccionario léxico do mar, de Edicións do Cumio, que contará coas intervención do prologuista, Francisco Fernández Rei; do editor, Cándido Meixide, e de varios mariñeiros da vila, como Ton e Ribó. Presentará o acto a concelleira de Cultura focense, Silvia Blach”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive