O Vicedo, 28 de abril de 2016.- Unha morea de nenos e nenas de Infantil e Primaria, e mesmo algúns do Punto de Atención á Infancia cercano, asistiron cos seus pais, nais ou avós á actividade de animación á lectura A FALTA DE PAN, BOS SON CONTOS. Unha actividade moi divertida na que os asistentes escoitaron atentamente os contos que se lles contaban, axudaban nas cancións propostas cantando animadamente e interactuaban abertamente coa contacontos. En definitiva unha fermosa actividade para celebrar o mes dos libros.
A contacontos de Xarope Tulú animou á lectura aos nenos e nenas do Vicedo
A contacontos de Xarope Tulú animou á lectura aos nenos e nenas do Vicedo
Relacionado
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Estrada cortada en Foz
-
O xoves, 18 de abril, ás 20:30h estará na Libraría Bahía a escritora Berta Dávila coa que haberá un coloquio arredor da súa última novela ‘A ferida imaxinaria’